Noticias de empresa

O grupo Aresa celebra o seu 50 aniversario mirando ao futuro

A empresa lucense, especializada na fabricación, asesoramento e venda de suministros agrícolas, cumpre este ano medio século de vida axudando ao sector agrogandeiro a ser máis competitivo. Fundada por Álvaro Rodríguez Eiras e hoxe con Carlota López Pardo á fronte, mantén a súa aposta polo medio rural galego

Campo Galego 01/07/2021 6:50 p.m.

[caption id="attachment_146715" align="aligncenter" width="660"] Foto de familia do plantel de traballadores do grupo Aresa na súa planta de fabricación de Rábade[/caption]

O grupo Aresa celebra este ano o seu 50 aniversario e faino reafirmando os seus valores, que guiaron a súa andaina neste medio século de vida: calidade, servizo e asesoramento ao cliente, innovación e sustentabilidade. E todo iso cun obxectivo fundamental, o de mellorar a rendibilidade de agricultores e gandeiros e axudar ao medio rural galego.

Aresa foi fundada por Álvaro Rodríguez Eiras en Lugo no ano 1971, nun baixo alugado na rúa Montirón. Dous anos máis tarde, Aresa trasladaba a súa sede á actual, na Avenida de Madrid número 187, onde constrúe a nave que alberga as súas oficinas centrais.

O fundador da empresa, Álvaro Rodríguez Eiras, empezou a traballar aos 18 anos na tenda do seu pai en Meira

Aresa dispón dunha ampla gama de fertilizantes sólidos, líquidos, solubles, ecolóxicos e nutricionais, coa formulación máis adecuada para cada terreo e cultivo e formatos que se adaptan ás necesidades de todo tipo de clientes, desde sacos de 25 e 40 quilos a big bags de 600 quilos ou camións de 24 toneladas.

A empresa complementa a súa gama de produtos con bioestimulantes, emendas cálcico-magnésicas, pensos, cereais, fitosanitarios, sementes e todo tipo de subministracións agrícolas, gandeiras, para horta ou xardín e para mascotas.

A empresa dispón de fábrica de abonos en Rábade e de pensos en Begonte, ademais de tendas en Lugo, Meira e Foz

Con ocasión do 50 aniversario do grupo, renováronse as páxinas web de Aresa e Cecoagro para mellorar a experiencia dos usuarios, cunha estrutura de navegación doada e con todos os contidos que poden resultar de interese, co obxectivo de seguir dando a coñecer a empresa, os seus servizos e os seus produtos.

Un fertilizante adaptado a cada cultivo

En 1987 Aresa adquire en Rábade a súa primeira gran planta de fabricación, de 4.000 m2, cuxa capacidade terá que ser duplicada en tan só 10 anos. Así mesmo, a partir de 2019 Aresa potenciou a súa planta de blending e desenvolveu a nova gama de fertilizantes técnicos, Protech, que introduce as últimas tecnoloxías dispoñibles en materia de fertilización, especialmente dispoñibles para minimizar as perdas de nutrintes e optimizar a súa dispoñibilidade.

Aresa potenciou a súa planta de blending e desenvolveu a nova gama de fertilizantes técnicos Agroland Protech, que minimizan as perdas de nutrintes e optimizan a súa dispoñibilidade

Entre a ampla gama de fertilizantes que fabrica Aresa atópanse desde o clásico Fertimón; Fertiland, unha gama de abonos complexos dispoñible para os principais cultivos de Galicia; Expertise, desenvolvidos para corrixir as carencias nutricionais dos chans; Forestland, con tecnoloxía de encapsulado para unha liberación controlada; ou Agroland Garden para horta e xardín.

Cecoagro, pensos para todo tipo de gando e mascotas

[caption id="attachment_146732" align="aligncenter" width="660"] Planta de Cecoagro en Begonte, pertencente ao grupo Aresa[/caption]

En 2003 nace Cecoagro, un almacenista de produtos agrícolas e gandeiros, que conta cunha fábrica de pensos de gandería localizada en Begonte, onde fabrica, entre outros, os pensos Avantis para vacún, porcino, aves, coellos, ovino e equino.

Nos últimos anos a empresa emprendeu unha nova etapa de expansión, estando hoxe presente en 40 países coas súas liñas de penso de mascotas Avantis, Petcool e Pure

Nos últimos anos, o Grupo Aresa emprendeu unha nova etapa de expansión, abordando novos mercados, tanto nacionais como internacionais, estando a día de hoxe presente en 40 países coas súas liñas de penso de mascotas Avantis, Petcool e Pure.

Todocampo, todo en xardinería e subministros

[caption id="attachment_146724" align="aligncenter" width="660"] Unha das tres tendas Todocampo coas que conta Aresa en Lugo, Meira e Foz[/caption]

En 2002 fúndase Todocampo, cadea de tendas de produtos para a agricultura, gandería, xardinería e mascotas, que conta na actualidade con tres tendas, en Lugo, Meira e Foz.

Desde 2018, e xa con Carlota López Pardo como adxunta á presidencia, o grupo Aresa iniciou unha nova etapa de apertura a novos mercados, estando presente na actualidade en Castela e León, Asturias e Portugal, onde prosegue o seu proceso de expansión en todo o noroeste peninsular.

Aresa está presente tamén en Castela e León, Asturias e Portugal

Son mercados onde a empresa lucense fai valer a súa ampla experiencia de medio século centrada na distribución e comercialización de produtos para a agricultura e a gandería.

[box style="0"]

Os premios Aresa, un recoñecemento ao rural

[caption id="attachment_146718" align="aligncenter" width="660"] Álvaro Rodríguez Eiras, no centro, xunto ao reitor da USC, Antonio López, e á vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, nunha edición anterior do Premio Aresa[/caption]

No ano 2000 póñense en marcha os Premios Aresa. Unha iniciativa que, da man da USC, recoñece e premia cada ano a empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribúa co seu labor ao desenvolvemento da economía rural de Galicia.

O Premio Aresa é un galardón con máis de 20 anos de traxectoria que recoñece a empresas, grupos de investigación, asociacións ou entidades que contribúan co seu labor ao desenvolvemento da economía rural de Galicia

É unha das contribucións do grupo Aresa ao mundo agrario galego e á investigación universitaria, onde o grupo empresarial lucense tamén conta cunha Aula Aresa na Facultade de Veterinaria de Lugo. O Campus Terra da USC naceu coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social no ámbito da sustentabilidade económica, social e ambiental do uso da terra, un obxectivo compartido por completo por Aresa.

Distincións da CEL e a USC

Distinguido pola Universidade de Santiago polo seu apoio a distintias iniciativas e pola súa contribución á relación entre o sector o empresarial e a sociedade, Álvaro Rodríguez Eiras foi tamén o primeiro presidente da Confederación de Empresarios de Lugo e da Confederación de Empresarios de Galicia. Froito da súa preocupación polo desenvolvemento do medio rural galego, Don Álvaro segue vinculado á CEL dirixindo o comité de expertos da Fundación Agroalimentaria de Galicia.

Seguindo o seu exemplo e aliñado cos seus valores, o compromiso, a tradición, a innovación, a orientación ao cliente e a sustentabilidade, o grupo Aresa e todos os que traballan nel, centran os seus esforzos día a día en prestar un servizo personalizado aos seus clientes, baseado na calidade e a confianza, traballando para poder seguir ao seu lado outros 50 anos.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada