Carne

O Goberno non descarta estender as axudas tamén ás ganderías de vacún de carne

O ministro de Agricultura, Luis Planas, consensuará coas organizacións profesionais agrarias, cooperativas agroalimentarias, e as comunidades autónomas o destino dos 193,47 millóns de euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/03/2022 8:33 a.m.

O reparto das axudas por valor de 193,47 millóns de euros, que se encaixan no plan de choque contra as consecuencias da guerra en Ucraína, será consensuado entre o Ministerio de Agricultura, as organizacións profesionais agrarias, cooperativas agroalimentarias e as comunidades autónomas para centrarse no apoio aos sectores máis vulnerables. Deste xeito, aínda que desde un primeiro momento a produción láctea se encaixou entre as máis castigadas, desde o Ministerio, non descartan estender as axudas ao vacún de carne.

Do mesmo modo, será este xoves cando o Ministerio pida a opinión ás comunidades autónomas a través dunha reunión telemática do Consello Consultivo. Por este motivo, o ministro animounas a que “arbitren medidas de axuda cos seus fondos propios para fortalecer a resposta á crise”, destacando á súa vez que “se queren complementar os apoios serán benvidas porque a súa actuación é importante para que agricultores e gandeiros sentan confianza”.

A priori, esta liña de axudas, enmarcada na activación do mecanismo de crise aprobado pola Unión Europea para facer fronte ás necesidades do sector, prevé beneficiar a 19.000 explotacións gandeiras, onde se inclúen 11.700 de vacún e a outras 7.300 de gando ovino e caprino.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada