Desenvolvemento rural

O Goberno da Deputación de Lugo xera 210 novos empregos na provincia en tan só tres meses

25/08/2017 8:36 p.m.

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, no conxunto do territorio lugués. Fíxoo a través das súas dúas programacións de xeración de emprego directa que na actualidade ten en marcha en toda a provincia: Ben Empregado 3 e DEPUEMPREGO 2.

Son postos de traballo en empresas, entidades, colectivos sociais e municipios de todas as Comarcas, cos que o Goberno da Deputación busca combater o paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES lucenses e colectivos sociais lucenses, así como reforzar a prestación de servizos públicos en todos os Concellos, especialmente en zonas rurais. “Facémolo na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, destacou.

Santos Ramos explicou que dos 210 novos postos de traballo xerados nos últimos 3 meses en Concellos de todas as Comarcas lucenses, 129 son do Ben Empregado 3 e 81 do DEPUEMPREGO 2. “Representan o 46% da oferta de emprego que poremos a disposición de todos os lucenses mediante estas dúas programacións de xeración de emprego directa na provincia. Pois, hai que ter en conta, que co Ben Empregado 3 xeraremos un total de 150 empregos e co DEPUEMPREGO 2 uns 300”.

“Facémolo con 6,1 millóns de euros, cos que financiamos os custos laborais destes 450 novos traballadores nos 67 Concellos da provincia. Nas vindeiras semanas, ofreceremos os restantes 240 postos de traballo”.

“E este 2017, poremos en marcha novas programación. Polo tanto, este Goberno Provincial fai que a Deputación de Lugo continúe sendo a administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apuntou.

Distribución dos 210 empregos xerados 
Nas Comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 36 novos empregos en 9 Concellos.

Chantada: comunity manager, comercial autovenda, camareiro, repartidor mercancía, coordinador de proxectos transmedia e técnico de seguros agrarios
Quiroga: peón servizos múltiples, conserxe, animador sociocultural, limpador e operador de cámara.
Taboada: dependente para carnicería e reparto, oficial de primeira, motoserrista e operador explotación forestal
- A Pobra do Brollón: repartidor, condutor mecánico, oficial electricista, peón forestal e peón de obras
Bóveda: xefe de ventas
Monforte de Lemos: monitor actividades físico-deportivas, panadeiro, profesor de actividades artístico–manuais, oficial electricista, oficial para o servizo de parques e xardíns, traballador social e auxiliar administrativo
Pantón: técnico en coidado e manexo de cabalos
Sober: mozo especialista; peón de servizos múltiples, peón pintor, axudante de viticultura, técnico de turismo, monitor multidisciplinar deportes, auxiliar técnico de protección civil, técnico en informática e técnico en medioambiente
O Saviñao: licenciado en historia

Na Comarca de Lugo, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 36 novos empregos en 5 Concellos.

Castroverde: oficial de masa-panadería e técnico asesor
O Corgo: 2 peóns e 1 camareiro/a de sala
Lugo: condutor almaceneiro, comercial, representante-comercial material de papelería oficina, condutor-repartidor, responsable administración, coordinador de proxectos, motoserrista forestal oficial de 2ª, veterinario, dependente, oficial administrativo, técnico superior en márketing e publicidade, recepcionista, técnico de prevención de riscos, comunity manager, limpador/a, técnico informático, auxiliar administrativo, asesoramento técnico a explotacións gandeiras, enxeñeiro informático o grado ade, administrativo - oficial 1º, educador social, reporteira de axencia de información, técnico de medioambiente, responsable da área de mantemento do parque zoolóxico, coordinador/a e asesor/a técnico laboral, traballador social, enxeñeiro forestal traballador social e enxeñeiro técnico agrícola
Portomarín: electricista
Outeiro de Rei: peón e peón limpeza

Na Comarca da Mariña, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 33 novos empregos en 12 Concellos.

Ribadeo: peón xardineira, cociñeiro, parrilleiro, coidador de persoas dependentes, oficial de 1ª – administrativo, 2 peóns de limpeza, informador turístico, técnico dinamizador sociocultural e técnico arquivo biblioteca
Barreiros: albanel oficial de 1ª
Burela: técnico superior en actividades físico deportivas
Cervo: técnico forestal
Foz: auxiliar administrativo
Lourenzá: biólogo
Mondoñedo: condutor funerario, mecánico, oficial 3ª de taller de pedra natural, condutor autobús e mecánico vehículos industriais
A Pontenova: oficial da construción de 2ª, oficial 3ª carpintería metálica, peón forestal e oficial de 2ª perruquería
Trabada: motoserrista de 1ª e un operador de explotación forestal
- Viveiro: auxiliar de topografía - delineante e asesor técnico para explotacións leiteiras
Xove: enxeñeiro oficina técnica
Ourol: motoserrista

Na Comarca da Terra Chá, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 33 novos empregos en 10 Concellos.

Abadín: 4 auxiliares de produción en viveiros
Begonte: mecánico
Castro de Rei: operario industrias agroalimentarias, enxeñeiro director de obras, técnico director de obras, operario/peón e auxiliar de enfermería Cospeito: demanda 5 perfís: pintor - oficial de 2ª, axudante de obrador, community manager, carpinteiro metálico, mozo de almacén e xardineiro
- Meira: axudante camareiro e 2 peóns servicios múltiples
Guitiriz: técnico en asesoramento contable e fiscal
Pastoriza: xardineiro e 3 peóns
Pol: comercial de seguros, contable financeiro, oficial de 1ª e monitor de tempo libre - Vilalba: demanda 3 perfís, auxiliar administrativo, community manager e director técnico deportivo
Xermade: auxiliar administrativo.

Na Comarca da Montaña, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 34 novos empregos en 10 Concellos.

A Fonsagrada: comercial, carniceiro, axudante en bar, 2 oficiais 1ª maquinistas e 2 oficiais 1ª albaneis
As Nogais: camareira/o
Pedrafita do Cebreiro: peón carpinteiro, 3 peóns e oficial 1ª albanel
Baralla: axudante de carnicería
Becerreá: dependente e atención ao público e un recepcionista
- Cervantes: xefe de oficina e proxectista e enxeñeiro técnico forestal
Folgoso do Caurel: axudante de cociña e persoal de alta dirección ( licenciado)
Navia de Suarna: camareira/o, 2 auxiliares administrativos; 2 peóns condutores e 3 peóns de obra
Negueira de Muñiz: 4 peóns obras públicas
Ribeira de Piquín: auxiliar administrativo e camareiro/a

Na Comarca da Ulloa, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 27 novos empregos en 3 Concellos.

Antas de Ulla: 8 peóns
Monterroso: oficial 1º, 2 peóns limpeza, 3 peóns de obras, conserxe, tractorista – palista e mestre educación infantil
Palas de Rei: 2 peóns mantemento e restauración, 4 peóns mantemento, enxeñeiro industrial, socorrista, técnico educación infantil e traballador/a social

Na Comarca de Sarria, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 11 novos empregos en 5 Concellos.

- Láncara: axudante de camareiro
- Paradela: camareiro/a
- O Incio: especialista carpinteira tradicional e especialista de oficio pedra granítica
- Sarria: repartidor, enxeñeiro técnico industrial-especialidade electrónica, administrativo e persoal mantemento

- Triacastela: carpinteiro metal, camareiro de piso e operario de fábrica

Etiquetado
Ir a la portada