Desenvolvemento rural

O FOGGA publica a lista provisional de incluídos no réxime de pequenos agricultores

30/09/2015 12:42 p.m.

O FOGGA ven de publicar a relación provisional de produtores incluídos no réxime simplificado para pequenos agricultores. É dicir, aqueles que en 2015 posúan dereitos de pagamento básico, en propiedade, usufructo ou en arrendamento e o seu importe total de pagos director a recibir sexa inferior a 1.250 €.

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a relación de solicitantes de axuda que serán integrados no dito réxime simplificado para pequenos agricultores pode consultarse na sede electrónica do Fondo Galego de Garantía Agraria: http://mediorural.xunta.es/fogga/ .A información relativa aos importes estimados pode consultarse na sede electrónica do Fondo Español de Garantía Agraria: www.fega.es .

Os interesados que non queiran participar no réxime de pequenos agricultores deberán notificar a súa decisión de renuncia á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria antes do 15 de outubro de 2015.

Se se renuncia a este réxime non se poderá volver solicitar a inclusión no mesmo

A partir de 2015, só se poderán incorporar novos agricultores ao réxime de pequenos agricultores nos casos nos que se lles asigne dereitos de pago a través da reserva nacional e vaian percibir menos de 1.250 euros en concepto de axudas directas, así como aqueles produtores que se incorporen a este réxime a través dunha cesión

Lembrar tamén que a pertenza ao réxime de pequenos agricultores é incompatible coa percepción de calquera outro pago directo. E no caso de que un agricultor renuncie á súa participación neste réxime non poderá volver solicitar a súa inclusión no mesmo.

Por último, destacar que durante a súa participación no réxime para os pequenos agricultores, os agricultores deberán manter polo menos un número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015.

Etiquetado
Ir a la portada