No acto de presentación, a Deputada estivo acompañada polo Presidente da Asociación Agrocuir da Ulloa, Adrián Gallero Moreiras, ademais de outros membros da entidade.
“A sétima edición de Agrocuir mantén a mesma filosofía que en anos anteriores: construír espazos que acollan cada vez a máis persoas”, sinalou García Porto e destacou que contribúe a difundir e a poñer en valor a riqueza patrimonial da provincia e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no rural.
A Deputación de Lugo colabora con esta cita financiando o concerto de Xosé Lois Romero&Aliboria, que terá lugar a noite do sábado na rúa Benigno Vázquez, de Monterroso. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo asegurou que "o rural está cheo de xente con ideas e con propostas innovadoras; o que necesita son políticas públicas para axudar a que saian adiante”.
Programa
O evento desenvolverase en distintos espazos do concello de Monterroso e pódese consultar toda a información na páxina web do festival.
Venres, 27 de agosto
12:00 horas: Agrocuir en letras
17:00 horas: CUIRathlon Labrego
17:00 horas: Palestra: As cinzas que cabem no verde: uma conversa cuir à volta do “natural”
17:00 horas: Obradoiro de estampación
20:00 horas: Catuxa Salom
21:45 horas: PerformanceNeluVermouth
22:15 horas: Benvida e manifesto
22:45 horas: O Rabelo
00:30 horas: Fado Bicha
02:00 horas: Mua Dj Setembro
Sábado, 28 de agosto
12:00 horas: Obradoiro de regueifa
12:00 horas: Obradoiro de baile tradicional
12:00 horas: Obradoiro infantil de mitoloxía e caracterización cuir
12:00 horas: Obradoiro de ioga
12:00 horas: Dianhes, Donas e Busgosos – umaexploraçom de desidentidades galaicas comjogos
13:30 horas: Sesión vermú con Cantareiros Cantigas e Frores
16:00 horas: Espectáculo: Meiga-i, gragpandereteira
17:30 horas: Teatro: Ningún hombre me llevará a la cumbre
17:30 horas: Espazo lúdico para cativada e xuventude
19:00 horas: CRNDS + Fransy González
20:30 horas: Cantos de Taberna
23:30 horas: Concerto de Xosé Lois Romero&Aliboria
01:30 horas: Sesión golfa. YiriaImaná, Russ e Teresa Ferreiro, Neto do Rubio