Desenvolvemento rural

O FEGA publica os criterios para acceder ás axudas da PAC como agricultor activo

20/07/2015 5:50 p.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar unha circular na que establece os criterios para establecer a nova figura do agricultor activo, chave de entrada no novo sistema de axudas directas da PAC, así como determinadas axudas de desenvolvemento rural vinculadas á superficie.

Así mesmo, establécense os mecanismos para coordinar o control da devandita figura entre as comunidades autónomas, e a coordinación necesaria para realizar os cruzamentos coas bases de datos da Axencia Tributaria e as da Seguridade Social.

Esta Circular adoptouse en consenso entre o MAGRAMA e as Comunidades Autónomas mediante as reunións do grupo de traballo para o control da figura do agricultor activo, constituído polo FEGA.

Descarga aquí o documento completo.

Etiquetado
Ir a la portada