Agroalimentación

O Courel revive o vindeiro sábado a Festa da Pisa da Castaña

01/12/2019 12:58 p.m.

O vindeiro sábado, 7 de decembro, celébrase a XXI Festa da Pisa da Castaña do Courel. Será na aldea de Froxán, no concello de Folgoso do Courel, onde se desenvolva esta tradicional pisa que cada ano atrae a centos de visitantes.
Programa:

11:00 Acendido do sequeiro e explicación do proceso do secado

12:00 Demostración do Pisado e Abandoxado

13:30 Pregón a cargo do actor Xosé Barato

14:00 Xantar «menú do pisador»

16:00 Demostración de aserrado da madeira

16:30 Sorteo de agasallos

20:00 Fin da festa

Durante a xornada haberá música tradicional e baile, así como venda de artesanía e de produtos da zona. Tamén haberá carpas e servizo de pulpería e churrasco.

A Festa da Pisa da Castaña do Courel está organizada pola Asociación Fonte do Milagro, coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel.

Etiquetado
Ir a la portada