Viña

O Consello Regulador de Monterrei reparte máscaras a adegas e viticultores contra o coronavirus

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/05/2020 2:14 p.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei prevé enviar nos próximos días máscaras de autoprotección contra o Covid-19 a viticultores e adegas. A medida inclúese dentro do procedemento de actuación desenvolvido polo Consello para evitar os contaxios.

O plan de actuación implica tanto ós técnicos como ós viticultores, así como ó persoal das adegas. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Á marxe deste reparto de material de protección, tamén levan aplicando medidas preventivas nos últimos meses para reducir o risco de contaxio.

“Debemos ser responsables, polos demais e por nós mesmos, e cumprir cos protocolos de seguridade que se implantaron nas nosas oficinas”, destaca a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva. Á parte, Da Silva tamén incide en que “é fundamental a colaboración de tódolos implicados, xa que a nosa prioridade segue sendo a atención e servizo ós nosos operadores”, sinala.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada