Viña

O Consello Regulador da DO. Ribeiro trasládase á unha nova sede

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/11/2020 2:19 p.m.

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén Castro e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares, visitaron esta mañá as instalacións da nova sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro.

Durante a visita institucional, na que estiveron acompañados por Yago Borrajo, xefe territorial da Consellería de Medio Rural en Ourense e César Manuel Gil, alcalde de Ribadavia, percorreron as novas instalacións para apreciar os traballos de remodelación nos dous andares, que acollen unha espazosa sala de catas, unha aula de conferencias, un salón de xuntas, un espazo para as oficinas dos traballadores, un arquivo e varios almacéns para os materiais dos departamentos de promoción e do órgano de control e certificación.O conxunto representa unhas instalacións máis adecuadas ás necesidades do día a día das adegas, colleiteiros e viticultores, para poder levar a cabo actividades, tanto de promoción coma de control.

O espazo para a nova sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, situada no número 3 da rúa Redondela, nos pisos superiores á Oficina Agraria Comarcal, Correos e a Policía Local de Ribadavia, foi cedido pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para un mínimo de 32 anos. As obras de reforma, que comezaron hai uns meses, e que consistiron na remodelación dos 616 metros cadrados construídos, foron financiadas integramente con fondos propios do Consello Regulador.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Malia que a mudanza non estará rematada antes do metade do mes de novembro, a partir do día 9 traballadores do organismo atenderán alí os trámites de declaración de colleita correspondentes ao exercicio de 2020.

Juan Casares comentou que “estrear nova sede do Consello Regulador fai que cumpra outro dos compromisos adquiridos no inicio desta andadura como presidente e con ela contaremos cunhas instalacións máis adecuadas ás necesidades dos viticultores, colleiteiros e adegas. Son unhas instalacións á altura da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada