Viña

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras estréase en Londres no Decanter Spain & Portugal Encounter

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/03/2020 9:21 p.m.

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa en Londres por vez primeira no Decanter Spain & Portugal Encounter, un encontro vitivinícola promovido por esta cabeceira especializada que se celebra no Hotel Landmark da capital británica e que conta co apoio do Igape.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que participa no foro deu as grazas “ás dez adegas participantes na iniciativa, que enviaron mostras dos seus brancos e tintos para dar a coñecer os viños valdeorreses entre o público especializado que acode ao encontro”.

Para García Pando, este tipo de iniciativas son importantes en aras a “divulgar o potencial dos nosos viños” e tamén para “coñecer o que se está facendo noutros territorios amparados da Península Ibérica”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estas son as adegas e as referencias valdeorresas que se exhibiron en Decanter:

‐ ADEGA A COROA, S.A.T o 200 Cestos Godello 2018 o Ladeira Vella 2016

‐ ADEGA MELILLAS E FILLOS, S.L. o Lagar do Cigur 2013

Loading ad.
Ad could not be loaded.

‐ ADEGA O CASAL, S.A.T. o Casal Novo Godello 2019

‐ ADEGA QUINTA DA PEZA, S.L. o Quinta da Peza Godello 2018 o Quinta da Peza Oro Mencía 2017

‐ BODEGA JOAQUIN REBOLLEDO, S.A. o Joaquín Rebolledo Godello 2019 o Joaquín Rebolledo Mencía 2019

Loading ad.
Ad could not be loaded.

‐ BODEGA SANTA MARTA, S.A.T. o Viñaredo Godello 2018

‐ BODEGA GODEVAL, S.L. o Godeval Godello 2018 o Godeval Cepas Vellas Godello 2018

‐ HACIENDA UCEDIÑOS, S.L. o Hacienda Ucediños Godello 2019 o Hacienda Ucediños Mencia 2018

‐ PAGO DE LOS CAPELLANES, S.L. o O Luar do Sil Godello 2018 o O Luar do Sil Godello sobre Lías 2017

‐ VIRXE DE GALIR, S.L.U. o Maruxa Godello 2018 o Maruxa Mencia 2018

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada