Carne

O Consello da Xunta aproba destinar 360.000 euros para compensar aos gandeiros polos ataques do lobo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/12/2015 11:27 a.m.

O Consello da Xunta aprobou onte a convocatoria de axudas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para compensar aos gandeiros polos ataques do lobo. O seu período de vixencia esténdese dende o 1 de outubro deste ano ata o 30 de setembro de 2016.

A contía consignada para o próximo exercicio triplica á da anterior convocatoria, co fin de chegar ao máximo número de beneficiarios posibles.

Poderán optar a estas subvencións os propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre que os danos procedan de ataques que non podían evitarse.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Demandan financiamento de medidas de prevención e controis autorizados da especie

O aumento das axudas para compensar danos é ben vista polo sector, aínda que os gandeiros piden outras accións para lograr unha mellor coexistencia do lobo coa gandaría. O financiamento de medidas de prevención e os controis autorizados da especie para evitar a sobrepoboación son dúas das cuestións que expertos do lobo e gandeiros coinciden en sinalar como precisas para avanzar na convivencia co animal.

O sector tamén está descontento polo atraso no pago das axudas por danos, que se pode dilatar por enriba dos dous anos. A esta cuestión, úneselle o feito de que parte dos afectados nunca chega a cobrar porque a Consellería comunícalles insuficiencia de fondos para facer fronte ós pagos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada