Agricultura

O CIAM publica unha guía das variedades autóctonas de tomates galegos

A guía recolle 17 variedades de tomates autóctonas de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/05/2015 11:27 p.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, ven de publicar unha guía de “Variedades autóctonas de tomates de Galicia”, obra de Alfredo Taboada Arias, Antonio Rivera Martínez e Manuel Riveiro Leira.

Esta guía divulgativa recolle 17 variedades de tomates propias de Galicia e foi elaborada a partir dos traballos feitos coas distintas variedades tradicionais galegas polos investigadores da sección de horta do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) e da Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas (Pontevedra), adscritos á Consellería do Medio Rural e do Mar.

Por provincias as variedades son as seguintes:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Coruña: Avoa de Osedo, de Sada; Apementado, Convento,Amarante, de Bergondo; Corazón de Miño, de Miño; Negro de Santiago, de Leiro, Miño; José Luis, Betanzos; Pili San Fiz, de San Fiz, Monfero; Taller de Lubre, Bergondo

Lugo: Monforte Grande, Monforte Pequeno, Amadeo e Corazón de Monforte, de Monforte de Lemos; De Corno e San Lázaro, de San Lázaro, Mondoñedo

Ourense: Olimpia, de Ourense

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pontevedra: Mariló, de Pontecesures.

Descarga a guía nesta ligazón.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada