Leite

O CIAM patenta unha sonda de toma de mostras en silos de millo e de herba

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/12/2018 10:23 a.m.

A Consellería do Medio Rural acaba de conseguir unha patente de carácter industrial para a construción dunha sonda mecanizada de toma de mostras en silos de millo e de herba, un invento que permitirá realizar as mostras nutricionais dos forraxes con máis axilidade e menos esforzo.

Actualmente o sistema de toma de mostras nestas superficies faise de xeito manual e en ocasións resulta lento, dificultoso e require dun gran esforzo físico por parte dos operarios que realizan estes controis. Por este motivo, os técnicos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), decidiron probar coa creación deste mecanismo para axilizar o proceso e facelo máis cómodo e sinxelo.

Así, moitos dos forraxes cos que se alimentan os animais mantéñense en silos, onde a variabilidade do seu valor nutritivo é moi elevada debido a aspectos propios do forraxe, como son o xenotipo, o estado de madurez ou outros valores extrínsecos que teñen que ver principalmente coas condicións do medio e a forma de aproveitamento do cultivo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Recomendacións para coller as mostras do silo

Neste sentido cabe lembrar que, co fin de permitir a elaboración de racións equilibradas para o gando e optimizar o uso dos propios forraxes desde un punto de vista económico e nutricional, é preciso levar a cabo unha mostraxe previa á apertura dos silos, para determinar a calidade desta alimentación animal.

Estas analíticas é aconsellable realizalas en diversos puntos da superficie e en toda a altura da masa do forraxe ensilado, co obxectivo de obter unha mostra representativa da súa calidade e dos seus valores nutricionais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada