Desenvolvemento rural

O CFEA de Sergude organiza unha formación de cultivo in vitro para fruticultura

Esta actividade está enmarcada no ciclo de grao medio de Produción Agropecuaria

26/02/2024 5:51 p.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, localizado no concello coruñés de Boqueixón, vén de acoller unha xornada formativa sobre a técnica de cultivo in vitro e os microenxertos aplicados á fruticultura, enmarcada no ciclo de grao medio de Produción Agropecuaria -impartido neste CFEA-.

O alumnado deste ciclo puido participar en varias actividades preparadas para un mellor entendemento das técnicas empregadas para a produción de froiteiras e de como estas melloran a calidade da froita que van producir os futuros fruticultores. Este tipo de actividades complementarias teñen como obxectivo que os alumnos poidan participar en sesións prácticas e reais de tarefas que se realizan en laboratorio para logo poder aplicalas á produción de froiteiras.

Ir a la portada