Leite

O bloqueo de industrias complétase na Coruña e exténdese a Lugo

Parte dos gandeiros da tractorada de Lugo trancan as dúas plantas de Lence no Ceao e Larsa en Outeiro de Rei, a pesar de que o grupo coordinador da tractorada lucense desmarcouse das accións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 12/09/2015 9:00 a.m.

Os gandeiros endureceron as accións de protesta ante a falta dun acordo para a revalorización inmediata do leite. Logo de catro días concentrados en Santiago, os produtores acordaron o inicio dunha folga de entregas de leite que vai acompañada do bloqueo da principais industrias do país, de xeito que se impida a entrada e saída dos camións.

[Best_Wordpress_Gallery id="64" gal_title="Bloqueo Lugo"]

Na madrugada do venres ó sábado quedaron trancadas a práctica totalidade das grandes industrias da Coruña (Leche Celta, en Pontedeume; Leyma en Artexio; Nestlé, en Pontecesures; Larsa, en Vilagarcía; Feiraco, en Negreira; e outras como Pérez Olveira, en Santa Comba; Lasurgal en Melide ou Sangiao, en Oroso). A esta hora os gandeiros diríxense á planta de Leche Celsta en Caldas para bloqueala.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Anxo Escariz, representante da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego situou o bloqueo nun 100% nas provincias de A Coruña e de Pontevedra e nun 60% en Lugo. Escariz anunciou que o bloqueo ampliarase á planta de Reny Picot en Asturias e ao centro loxístico de Mercadona en León, para o que contarán co apoio de gandeiros desas comunidades.

Os produtores da tractorada de Compostela saíron a media tarde de onte cara as principais industrias da provincia, a fin de facer efectivo o bloqueo acordado en asemblea. En Lugo, a paralización das industrias foi desbotada polo grupo coordinador da tractorada, que apostaba por continuar na muralla e desenvolver en paralelo accións informativas en cadeas da distribución. Sen embargo, máis de medio cento de gandeiros, descontentos coa inacción na muralla, xa se desmarcou desa decisión e emprendeu na madrugada do venres ó sábado o bloqueo con tractores das dúas plantas de Leite Río no Ceao e de Larsa en Outeiro de Rei.

De xeito paralelo ós bloqueos, grupos de gandeiros iniciaron ó boicot ás cisternas de recollida dos leiteiros. En Rábade abriuse unha de Ríos Sangiao e trascenderon tamén aperturas de cisternas xa no día de onte en diversas comarcas gandeiras de Lugo. Con todo, eran varias as industrias que xa ordenaran paralizar a recollida na noite de onte en previsión de incidentes, de xeito que non estaban a recoller o leite das granxas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No Ceao, os gandeiros pararon tamén un camión de distribución de Gadis e procederon a retirar o leite que levaba no interior, tanto caixas de marca branca (Campo Nuestro) como outras marcas, que quedaron apiladas na rotonda.

Perspectivas
Para a mañá de hoxe está previsto que se extendan os bloqueos no norte da provincia de Pontevedra, en factorías como a de Clesa (Caldas de Reis), así como noutras industrias da provincia de Lugo. En Asturias, os gandeiros galegos manexaban información na noite de onte que indicaba que tamén se bloquearan algunhas industrias, de xeito que se sumaban á folga de entregas de Galicia.

[Máis información]
- Imaxes do bloqueo ás industrias lácteas na Coruña
- Lugo desmárcase con divisións do bloqueo á industria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada