Leite

O agro mide forzas ante a crise do leite

A Asociación Agromuralla convoca a varios centos de persoas en Lugo, máis dun milleiro segundo a organización, no primeiro aniversario da gran protesta láctea do 2015. Os gandeiros aseguran que todo foi a peor desde aquela

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 06/09/2016 4:46 p.m.

O sector lácteo volveu hoxe á rúa nunha manifestación convocada por Agromuralla en Lugo. A cita chegou despois de máis de seis meses sen protestas, coas granxas concentradas en capear o temporal pola súa conta e cos gandeiros desesperanzados dunha solución colectiva á crise. Non se agardaba, por tanto, unha mobilización masiva, pero os varios centos de persoas que marcharon arredor da muralla -máis dun milleiro segundo a organización- revelan síntomas de reactivación no agro.

As masivas protestas agrarias do 2015 pecháranse en falso, cun acordo lácteo que trouxo menos do que prometeu, e cun sector dividido. O primeiro aniversario daquelas tractoradas cúmprese agora, entre o desencanto e o desánimo de boa parte dos gandeiros, aínda que o sector non se resigna.

[caption id="attachment_32832" align="alignright" width="320"] A cabeceira da protesta coreou diversas consignas sobre a crise.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Arredor das 12 horas do mediodía xa eran varios centos de persoas as que se concentraban arredor das sombras que deixaban a muralla e os edificios da Ronda lucense, á espera do inicio da protesta. Dúas xovencas baixaron entón dun remolque, ante o edificio da Xunta, e desplegáronse dúas pancartas, a primeira, que encabezaría a manifestación da man dunhas rapazas, dicía 'Somos gandeiras… por pouco tempo'. A segunda lembraba o peche de máis de 600 granxas en Galicia no último ano.

En tanto se agardaba a media hora de retraso de rigor para dar inicio á marcha, gandeiras e gandeiros repasaban ante os medios as penalidades da crise. “O único que queremos é vivir do noso traballo. Por nós, por todos os que traballaron antes ca nós e polos nosos fillos”, declaraba Matilde, unha produtora chegada desde Sarria.

Xa na mobilización, que bordeou toda a muralla ata rematar no punto de inicio, sucedéronse as consignas na cabeceira da protesta. O clásico 'Feijoo, escoita, o rural está en loita' acompañouse doutros berros dirixidos a describir o panorama, 'Leite branco, futuro negro', ou a lembrarse do acordo lácteo: 'Menos prometer, máis cumprir', unha liña que se retomaría nos discursos finais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_32828" align="aligncenter" width="660"] Unha das xovencas que marchou na cabeza da marcha.[/caption]

Acordo lácteo
“En setembro do ano pasado, houbo un acordo que a ministra dicía que ía ser marabilloso, revolucionario, que ía cambiar todo. E pasado un ano, o tempo dáo Deus de balde, a situación é que o prezo do leite baixou no campo 2 céntimos máis”, lembrou Roberto López, de Agromuralla, nos discursos finais, tras a lectura do manifesto da marcha por unha das rapazas que encabezou a protesta.

"Cando vimos que Lactalis e Río triplicaron beneficios, démonos de conta de que o acordo lácteo funcionou, pero para eles" (Roberto López)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Durante a súa intervención, Roberto López incidiu tamén no papel de industrias e distribución. “Dixeron que as cadeas de distribución ían subir 2 céntimos o leite e subíronos, pero xa todos sabedes onde foron eses 2 céntimos. Estes días vimos na prensa que as dúas principais industrias recolledoras en Galicia, Lactalis e Río, triplicaron beneficios o último ano. Aí foi onde nos demos de conta de que o acordo de Madrid estaba funcionando, pero funcionando para eles”, cuestionou.

A Asociación Agromuralla agradeceu, por último, a participación de todas as asociacións e cooperativas que apoiaron a protesta. Entre estes apoios estivo o da Organización de Productores de Leche (OPL). O seu portavoz, José María Álvarez, interviu tamén ó remate da protesta.

Da Plataforma que aspiraba hai un ano a aglutinar a todo o sector xa nada se sabe nin se escoita

Tras a mobilización de hoxe, tanto Agromuralla como a OPL ían valorar as posibilidades de proseguir as accións de protesta. Por parte de Unións Agrarias, estanse a estudar tamén estes días accións contra Lactalis, unha das industrias sinaladas polo sector pola presentación de contratos á baixa.

A mobilización gandeira, que estivo desaparecida os últimos meses, dá así novos síntomas de recuperación, se ben a desunión, un dos factores que lastran as protestas, mantense. Da Plataforma que aspiraba hai un ano a aglutinar a todo o sector lácteo xa nada se sabe nin se escoita.

[caption id="attachment_32830" align="aligncenter" width="660"] Intre da manifestación arredor da muralla.[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada