Carne

‘O Agro’, manexo dunha gandería extensiva en Cerdedo-Cotobade

Falamos con Roberto Louzán, gandeiro en extensivo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Explícanos como xestiona o gando e as dificultades que afronta, como o de ser unha zona habitual en ataques do lobo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Alejandro Gómez 01/06/2022 6:23 p.m.

‘Explotacións O Agro’ é unha granxa ubicada principalmente nun monte comunal de 65 hectáreas alugado en Viascón, no concello de Cerdedo - Cotobade (Pontevedra). Nela críanse cabras de raza autóctona galega, vacas de raza frieiresa e caldelá, ovellas e algún cabalo; “en total, unhas 160 cabezas, máis ou menos”, afirma o gandeiro e propietario da granxa, Roberto Louzán. Nestes momentos “están as cabras recen paridas, cuns 68 chiviños, dos cales case 40 son femias, por iso a partir de agora imos centrarnos en aumentar en cabras e frieiresas”, avanza.

O método de traballo que segue é en extensivo, polo que os animais “pastan todo o ano no monte, os 365 días do ano están en liberdade”, engade Louzán. Ademais de traballar desta maneira, ten a certificación en ecolóxico. "Os animais pacen cando queren, déitanse cando queren, e andan por onde queren”, afirma o gandeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_172470" align="aligncenter" width="660"] Imaxe de vacas de raza Caldelá nunha finca a parte do monte comunal.[/caption]

O manexo

Louzán pon coma unha virtude o traballo en extensivo, posto que así fáiselle “máis sinxelo porque con dúas visitas ao día -pola mañá e á noite- queda o traballo solucionado, excepto cando paren ou en inverno, que quizais hai que ir tres veces”, sinala.

Outra das vantaxes asociadas ao método extensivo é “a liberdade para poder levar a cabo outros traballos”, comenta o gandeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Como aspectos máis problemáticos, Roberto sinaladificultades que veñen dadas polo propio contexto: “o feito de estar na montaña, a 10 km. do centro de Pontevedra, implica que hai moi poucas explotacións preto, e as que hai son pequenas, de dúas ou tres vacas, polo que non hai moito quen che faga traballos”, explica. Por isto e por viabilidade, vense obrigados a comprar máquinas e facer eles mesmos moitos dos traballos.

“Un dos inconvenientes é que non hai moito a quen chamar para facer un desbroce, unha sementeira de millo, ou traballos de 1 ou 2 días” (Roberto Louzán)

[caption id="attachment_172467" align="aligncenter" width="660"] Cabras acompañadas dos mastíns.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Control do lobo

A zona da montaña de Viascón é un punto problemático en lobo. “Os anos 2017-2018 foron nos que máis ataques de lobo tivemos”, afirma e engade que “houbo días en que o lobo fixo unha auténtica masacre cas cabras, de 17 e 18 baixas, e incluso atacou os mastíns”.

“Fai uns anos víamos pola zona lobas con catro lobos pequenos, ou mandas de seis lobos aquí no alto do monte”, comenta. Tendo en contexto a amplitude das zonas de pasto dos animais, Louzán foi aplicando medidas para o control dos ataques, tales como “un peche de malla gandeira de 11,5km ao redor, todo asentado con ángulos de ferro, metémolos mastíns, cuestión que freou bastante os ataques, e incluso extremamos os peches cunha foxa para o lobo porque houbo momentos nos que pensei que tiña que pechar a granxa”, explica Louzán.

“Eu tiven momentos de pensar en ter que cerrar a explotación, e incluso fun a Pontevedra, fun a Santiago, fixen de todo” (Roberto Louzán)

Nestes momentos teñen cinco mastíns mais un cachorro que viven co gando. “Cando había máis ataques tiven días de chegar aquí e ver que estaban os animais todos, pero que os cans estaban ensanguentados, o que significa que veu algo por aquí pero que o escorrentaron”, concreta Louzán. “Unha das cadelas de mastín tiveron que operala despois dun ataque, foi bastante grave, e levou 87 puntos no peito”, amplía.

Costes de produción

Esta gandería en extensivo aproveita a extensión dos pastos e procura non cebar con penso as súas becerras, senón que “están fóra coas nais ao leite, e despois ao último de todo métense para dentro, e dáselles herba seca, silo e auga para sacarlles un pouco de fibra”, detalla Roberto Louzán.

Traballar en ecolóxico implica, en certo modo, un aforro, aínda que nalgunha ocasión específica, e debido a unha carencia de alimento nos prados, “temos traído algún saco de penso en ecolóxico, pero ten un alto custe; se a tonelada convencional anda polos 380 ou 400 euros/tonelada o outro debe estar polos 600 euros, e cómpre ter en conta que, a un becerro, unha tonelada non lle chega para cebar”, detalla.

Outro dos inconvenientes que teñen relacionados co terreo e a produción propia é a limitación de cultivo. Segundo afirma Louzán, tiveron problemas para sementar millo, sen poder chegar a facelo debido a que “en terreos con máis dun 10% de desnivel non deixan facer este tipo de sementeiras, pero no noso caso trátase dun erro do Sigpac que estamos intentando que nos corrixan para poder facelo”, incide.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada