A Asociación de prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa-Galicia) sostén que por cada 10 animais con tuberculose, 9 son de fauna salvaxe, segundo os datos que manexa o colectivo proporcionados pola Consellería de Medio Rural. A prevalencia da enfermidade é dun 0,05% en animais domésticos ruminantes (vacas, ovellas e cabras) mentres que na fauna salvaxe (xabaril, teixugo, corzo e cervo) é dun 2%. Ante esta situación, Aperfasa reclama medidas urxentes para controlar as poboacións de fauna salvaxe e reducir os riscos que poden supor para as ganderías.
O colectivo denuncia que “estas cifras son máis ca preocupantes xa que implicarían aproximadamente 600 animais domésticos e preto de 6.000 exemplares de fauna salvaxe que supoñen unha enorme reserva de tuberculose que fai imposible a erradicación da enfermidade”.
En Aperfasa inciden en que esta taxa de animais afectados supón un elevado risco de propagación da enfermidade O colectivo recorda, ademais, que a enfermidade tamén supón un risco para os gandeiros ó estar en contacto cos animais, á par dun prexuízo ó ter que sacrificalos exemplares que vexan afectados.