Leite

Novos bloqueos dos gandeiros ao Lidl e ao DIA de Culleredo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/12/2015 6:15 p.m.

A protesta dos gandeiros ante a gran distribución polos baixos prezos do leite refórzase na área de Coruña. Despois dunha semana de bloqueos, que comezaron o pasado xoves co Carrefour de Alfonso Molina, esta mañá tocoulle o turno ao Dia e ao Lidl de Fonteculler, en Culleredo, dúas cadeas de distribución que non asinaron o acordo lácteo e ás que os gandeiros acusan de impedir que suban os prezos do leite no campo.

Desta forma, a día de hoxe hai xa cinco áreas comerciais bloqueadas polos tractores dos gandeiros na comarca da Coruña: o Alcampo de Palavea, o Carrefour de Alfonso Molina, o Lidl do polígono da Agrela e o DIA e o Lidl de Culleredo. Nas protestas participan uns 150 tractores e preto de 200 gandeiros de toda a provincia da Coruña, principalmente das comarcas de Ferrolterra, Arzúa, Ordes e do concello de Aranga.

Hoxe pola tarde están convocadas varias asembleas nas que os gandeiros decidirán se intensifican e amplían as mobilizacións para que a gran distribución respecte o acordo lácteo e traslade aos gandeiros a suba de prezos do leite que lle está aplicando no lineal aos consumidores

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada