Desenvolvemento rural

Novo polígono agroforestal no concello ourensán de San Cibrao das Viñas

04/03/2023 4:18 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, do delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, e do alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, mantivo esta mañá unha reunión cos veciños deste municipio ourensán que se poderán ver beneficiados pola implantación do polígono agroforestal de Soutopenedo.

Neste senso, sinalou que dito instrumento prevé mobilizar unha superficie total de 53,27 hectáreas, dividida actualmente en 90 parcelas propiedade de 75 veciños.

Así, o conselleiro indicoulles que con este polígono -que se atopa en fase de actuacións previas- búscase recuperar terra abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, creando actividade agrogandeira, fixando poboación e anticipándonos aos incendios forestais.

Etiquetado
Ir a la portada