Desenvolvemento rural

Nova web sobre a PAC 2023 do Fondo Galego de Garantía Agraria

Campo Galego 21/10/2022 4:07 p.m.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), organismo depende da Consellería do Medio Rural, vén de lanzar unha web adicada ao novo período de programación de PAC, 2023-2027. Nela, os usuarios atoparán información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades.

Deste xeito, o portal estrutúrase cun apartado con todo o relativo ás axudas directas e outro específico coas achegas financiadas polos fondos de desenvolvemento rural (zonas con limitacións naturais, axudas agroambientais, etc.). Tamén se recollen os requirimentos da condicionalidade reforzada e dos requisitos legais de xestión, así como a condicionalidade social, inédita ata agora, e que afecta ao conxunto dos beneficiarios das axudas.

Así mesmo, o apartado web inclúe no apartado SIXPAC e Monitoraxe un resumo por usos de todas as parcelas de Galicia, un enlace ao visor SIXPAC e información xeral sobre os controis de campo que realiza o FOGGA.

Por último, o portal ofrece un mapa interactivo de Galicia por concellos que permite consultar os importes das axudas PAC das últimas campañas, das superficies por usos do terreo e da produción de leite.

Acceso á web

https://www.campogalego.gal/agricultura-actualiza-o-sigpac-coas-novas-rexions-de-pago-da-pac-de-cada-parcela-agricola/

Etiquetado
Ir a la portada