Carne

Nova suba en Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/09/2018 11:35 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou unha suba de 2 céntimos nos prezos de todas as canais da categoría Suprema. Cómpre lembrar que xa a pasada semana se producira unha suba de 4 céntimos, motivada por unha certa escasez desta carne no mercado. Non houbo cambios no resto das cotizacións de referencia acordadas en Amio.

A Mesa de Prezos de gando de abasto decidiu por unanimidade a repetición de cotizacións tanto no gando de recría como no vacún maior e nos becerros para sacrificar. Os vogais da Mesa aprecian, non obstante, unha tendencia á baixa tanto no gando de recría coma no vacún maior.

En canto á asistencia de gando á sesión desta semana, houbo 1.984 reses (343 menos que a pasada semana). Entraron no mercado 1.521 cabezas de vacún menor (232 menos), 241 de vacún mediano (45 menos) e 205 de vacún grande (65 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (26-IX-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada