Leite

Nova suba dos prezos da manteiga e do leite en po

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/11/2023 7:08 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, do queixo e manteiga na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. Pola contra, o queixo segue á baixa.

No territorio comunitario as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 526 €/100 kg, +6,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 263 €/100 kg, +1,0 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 367 €/100 kg, +3.0 % ,,
-Queixo cheddar: 346 € /100 kg -1,7%

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,565 euros o litro.

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha suba do 1,9 % no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación-, mentres que o desnatado baixou un 3,8% respecto á última poxa. A cotización da manteiga tamén caeu un 1,1 %.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada