Carne

Nova suba de prezos de Ternera Gallega Suprema en Santiago

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/08/2017 5:05 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou unha nova suba de prezos para a categoría Suprema, que encadena varias semanas de repunte dos valores, nesta sesión de de 2 céntimos por quilo. A categoría Ternera mantense sen cambios respecto ao pasado mércores. Desta forma quedaron nun intervalo de entre 4,49 e 5,08 euros o quilo, segundo as tipificacións de peso das canais, en Suprema e de entre 4,17 e 4,51 euros en Tenreira.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, decidiuse por unanimidade manter os mesmos prezos que na sesión da pasada semana.

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (16-8-2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada