Carne

Nova suba de 3 céntimos en tódalas categorías de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/05/2021 10:41 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebra en paralelo ó Mercado de Gando de Amio, acordou esta semana subir 3 céntimos os prezos de tódalas canais, tanto na categoría Suprema como en Ternera.

No gando do abasto, a sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias permitiu concluír que houbo unha suba de 0,10 euros nos prezos de tódalas canais de vacún mediano de matadoiro cun peso igual e inferior a 180 quilos.

En canto á afluencia, esta semana contabilizáronse 1.781 reses, 34 máis que o pasado mércores. Houbo 1.494 cabezas de vacún menor (81 máis que a semana pasada), 140 de vacún mediano (3 menos) e 147 de vacún grande (44 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (26-V-2021).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada