Agroalimentación

Nova norma de calidade das diferentes categorías da sidra

11/02/2017 9:49 a.m.

O Consello de Ministros aprobou este venres un Real Decreto polo que se regula a norma de calidade das diferentes categorías de sidra, co que se substitúe e derroga a anterior normativa na materia.

Segundo o Ministerio de Agricultura, “este Real Decreto responde á necesidade de actualizar a normativa sobre calidade alimentaria das diferentes categorías de sidra natural e de sidra”.

Desta forma, a nova norma actualiza as denominacións introducindo novas categorías de sidra existentes no mercado, tales como, a sidra aromatizada, a sidra con zume de froitas e algunhas máis novas como a sidra de xeo, o cóctel de sidra ou a sidra natural espumosa.

Incorpórase ademais, o termo “ligth” como información alimentaria voluntaria, e actualízanse as prácticas aplicables á elaboración dos distintos tipos de sidra natural e de sidra.

O decreto será efectivo desde o

A nova norma afecta as industrias que elaboran sidra natural e sidra en España, aos operadores que as comercializan e aos consumidores. Así mesmo, ten unha influencia indirecta sobre as industrias provedoras das materias primas a partir das cales se poden elaborar estes produtos.

Tamén regula a produción e a información alimentaria facilitada ao consumidor das diferentes categorías de sidra natural e sidra elaboradas ou comercializadas en España.

Desde a data de aplicación deste Real Decreto quedará derrogada a Orde do 1 de Agosto de 1979 pola que se regulamentan as sidras e outras bebidas derivadas da mazá, que regulaba esta materia ata a actualidade.

 

Etiquetado
Ir a la portada