Carne

Nova baixada do porcino en Silleda

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acorda reducións tanto nos prezos do porco cebado coma nos leitóns. Cae tamén o prezo do coello na Lonxa de Madrid

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/05/2020 11:42 p.m.

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia–Abanca acordou hoxe novas baixadas dos prezos. Esta semana as reducións afectaron tanto ó porco cebado coma ós leitóns, nunha sesión realizada aínda de xeito telemático por mor da pandemia do coronavirus.

No caso dos animais cebados de categoría selecta e normal a baixada foi de 0,050 euros, ó igual que a baixada decretada a semana pasada. Así, pasan a cotizarse a 1,305 e 1,280 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canle II o prezo sitúase en 1,662 euros o quilo, logo dunha caída de 0,065 euros. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,53 e 0,59 euros o quilo, despois dunha baixada do prezo de 0,100 euros.

Nos leitóns a baixada foi de 5 euros para ambas categorías. Así, os animais procedentes dunha única granxa sitúanse nos 53 euros, mentres que os chegados de varias ganderías cotízanse a 48 euros. O prezo do quilo é de 2,65 euros e 2,4 euros, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ó prezo do coello, esta semana tamén experimentou unha baixada de 0,10 euros na Lonxa de Madrid e agora cotízase a 1,65 euros o quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada