Carne

Nova baixada nos prezos de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/07/2023 9:57 a.m.

Esta semana, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron unha nova baixada de 0,03 euros para as canais da categoría de Tenreira, tal e como aconteceu a semana pasada.

No Mercado de Amio tamén houbo unha baixada nos prezos da recría. En concreto, foi de 5 euros para os tenreiros de cruces industriais e frisóns. En canto á asistencia houbo 1.598 reses, o que supón 156 menos que a sesión da semana pasada. Contabilizáronse 1.347 cabezas de vacún menor, 153 menos que na sesión anterior. Houbo 91 de vacún mediano (12 menos) e 160 de vacún grande (9 máis que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (12-VII-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada