Noticias de empresa

New Holland presentou en Demoagro as súas gamas de forraxe e agricultura de precisión

Os asistentes ó evento, que se desenvolveu en Huesca, puideron probar tractores T5 e T6 con pala, así coma o T5 con eixo SuperSteer e unha colleitadora

Campo Galego 05/06/2019 11:26 a.m.

Demoagro, unha feira centrada nas demostracións de maquinaria agrícola, vén de celebrar recentemente a súa cuarta edición en Huesca. O evento contou cunha ampla presenza de New Holland, que desprazou 52 unidades a Demoagro, entre tractores, empacadoras, implementos, cargadoras e colleitadoras.

A marca contou cunha superficie de dúas hectáraes na que desenvolveu un completo programa de actividades, a fin de que os asistentes puideran probar as máquinas dispoñibles, coma os tractores T5 e T6 con pala, o T5 con eixo SuperSteer, unha colleitadora e unha cargadora de rodas de gran tamaño que destacou pola súa maniobrabilidade.

[caption id="attachment_91403" align="alignright" width="320"] A marca presentou a súa liña de apeiros en Demoagro.[/caption]

New Holland aproveitou Demoagro para presentar a súa gama adicada á agricultura de precisión, Agxtend, que inclúe desde estacións meteorolóxicas (FarmXtend) ata un sensor de medición óptica para calcular o nitróxeno dos cultivos (CropXplorer). Tamén presentou un sensor para medir a conductividade do solo (SoilXplorer) e o electroherbicida Xpower.

Demoagro serviu ademais para lanzar oficialmente a ampla gama de implementos New Holland para manexo da forraxe e laboreo (segadoras, hileradores, cultivadores, arados, etc.). A marca programou traballos dos diferentes tractores e apeiros e tamén participou nas demostracións comúns coas outras marcas presentes na feira.

Etiquetado
Ir a la portada