Noticias de empresa

New Holland presenta o tractor T8 sen condutor, que funciona sincronizado cunha colleitadora

A solución Raven Autonomy™ pódese equipar nos tractores xa existentes para determinadas operacións de carga no campo

Campo Galego 08/11/2022 10:22 a.m.

New Holland presentou na feira SIMA, de París, o tractor T8 con tecnoloxía Raven Autonomy, a aplicación de carga con remolque sen condutor. Esta solución permite sincronizar en campo unha colleitadora cun tractor con remolque, de forma que o condutor da colleitadora monitorice e manexe o tractor sen operador desde a cabina da colleitadora.

Eric Weaver, Director Global de Tecnoloxía de Precisión de New Holland, afirmou: “O T8 evolucionou para converterse no tractor máis intuitivo xamais visto no campo. Coa integración da tecnoloxía agrícola sen condutor de Raven, a plataforma incorporou capacidades autónomas en aplicacións de recolección, o cal ofrece enormes vantaxes nun mercado con man de obra limitada como o actual. A tecnoloxía sen condutor é agora unha realidade e está totalmente integrada nos produtos de New Holland, grazas á experiencia de Raven.

A marca subliña que o estado actual das normativas en materia de autonomía é moi diverso en todo o mundo e que non pode predicir a súa evolución, polo que se está preparando para diversos escenarios.

O T8 con Raven Autonomy está pensado para o seu uso en campo, en paralelo a unha colleitadora de gran. A sincronización automática da colleitadora e do remolque evita perdas de gran durante a carga. Unha vez finalizada, o tractor regresa a unha zona de descarga final predeterminada. Toda a operación lévase a cabo sen necesidade dun segundo operador.

Presentación do tractor utilitario TS5

New Holland presentou tamén o novo T5S, un tractor utilitario de tamaño mediano con dous modelos de 90 CV e 100 CV, e unha selección de opcións de transmisión totalmente mecánica e con inversor electrohidráulico.

Cunha distancia entre eixos de 2.350 mm e un peso de aproximadamente 4 toneladas, o T5S é un tractor todoterreo para explotacións gandeiras e mixtas, garantindo a máxima versatilidade con implementos dianteiros e traseiros, desde a manipulación de materiais ata herba seca e forraxe, con tarefas como laboreo lixeiro, fertilización e transporte. O TS5 é finalista na categoría de mellor tractor utilitario nos premios Tractor do ano 2023.

[box style="0"]

Dúas medallas de bronce nos premios SIMA 2022 de Innovación

As innovacións de New Holland Agriculture en tecnoloxía de colleitadoras e no avance cara a unha economía circular de carbono foron recoñecidas con dúas medallas de bronce nos Premios á Innovación de SIMA 2022. Estas son as innovacións galardoadas:

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada