Apicultura

Narón celebra este domingo a súa Feira do Mel

O recinto feiral de Sedes acollerá a produtores de toda a comarca nunha cita que chega á súa 19 edición e que se completará cunha charla sobre a apicultura sen tratamentos

Campo Galego 07/11/2019 9:37 a.m.

Narón celebra este domingo no recinto feiral de Sedes a 19 edición da súa Feira do Mel cun amplo programa que se desenvolverá durante todo o día e que inclúe actividades infantís, showcookings e degustacións, actuacións musicais en directo e un relatorio técnico a cargo de Xosé Manuel Durán Orús sobre Bioapicultura: unha apicultura sen tratamentos.

A feira está organizada polo Concello de Narón, desde a concellería de Sanidade, Medio Ambiente e Feiras e Mercados que dirixe Santiago Galego, e conta coa colaboración da Casa do Mel de Goente.  Ademais de postos de mel e derivados, haberá postos de produtos agrícolas, postos de castañas, postos de fungos e cogomelos, e postos de queixo ou derivados.

Etiquetado
Ir a la portada