Desenvolvemento rural

A mostra gandeira MOEXMU terá lugar a fin de semana do 31 de marzo

18/12/2022 3:34 p.m.

Os deputados de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, e de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participaron este sábado en Cospeito nunha xuntanza de traballo celebrada pola Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta con motivo da XXXIX Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu). A cita, que terá lugar a fin de semana do 31 de marzo, reuniu a gandeiros e gandeiras e serviu para abordar a organización deste evento.

Fernández Rico destacou o compromiso da deputación con esta feira multisectorial que supón “un dos mellores escaparates para o impulso do sector primario da nosa provincia”.

A institución provincial triplicou na edición deste ano 2022 a súa colaboración coa Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros, e Autónomos de Muimenta, á que achegou 33.000 euros para a celebración da cita e a realización do primeiro concurso autonómico de gando frisón na provincia de Lugo, Frisón FEFRIGA 2022.

Etiquetado
Ir a la portada