Leite

Morre o empresario Jesús Lence, propietario de Leche Río

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/04/2019 12:26 p.m.

Jesús Lence, propietario de Leche Río, morreu ós 79 anos na noite do venres tras unha longa enfermidade. Lence faleceu no Policlínico Lucense (Polusa), no que estaba ingresado por un agravamento da súa enfermidade.

O empresario xestionaba un grupo lácteo con catro plantas en Vega de Anzuelos (Láncara), Ceao 1 e Ceao 2 (Lugo), e Leyma, en Arteixo (A Coruña), constituíndo a principal industria láctea de capital galego. Río chegou a procesar maís de 500.000 toneladas de leite ó ano, se ben na actualidade sitúase en 230.000 toneladas, o que representa un 9% da recollida en Galicia.

A morte de Lence, que levaba directamente a xestión do grupo lácteo, xera incertidume sobre o futuro das industrias. Nos últimos tempos, o empresario preparou a súa sucesión, creando unha xestión mancomunada do grupo Lence Torres, na que participan as súas fillas e os xestores das distintas empresas do grupo. A maiores das industrias lácteas, o Grupo Lence Torres ten unha actividade importante no sector das gasolineiras e no inmobiliario, contando tamén con actividade na restauración.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Antes do agravamento da súa enfermidade nos últimos meses, Lence concéderalle hai un ano unha entrevista a 'Campo Galego' na que analizaba o seu periplo empresarial e as perspectivas de futuro do sector lácteo galego, que el pensaba daquela que quedaría dominado pola industria francesa Lactalis e pola lusa Lactogal (Celta).

Máis información
- Que vai suceder con Leite Río tras a morte de Jesús Lence?

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada