Viña

A DO Monterrei renova a súa colaboración con Expourense

Os viños da Denominación de Orixe estarán presentes en todas as feiras e eventos celebrados no recinto ao longo de todo o ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/06/2022 6:00 p.m.

Monterrei ratificou por sétimo ano consecutivo a súa condición de colaborador fixo de Expourense, o que lle permitirá estar presente en todas as accións promocionais, feiras e eventos organizados polo recinto para este ano. A firma deste convenio correu a cargo da presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva, e o director xerente da Fundación Expourense, Rogelio Martínez.

A DO Monterrei é entidade colaboradora da Fundación desde o ano 2015. Isto implica a participación de Monterrei nas distintas accións promocionais que Expourense realiza ao longo do ano, sobre todo en Portugal, a favor dos distintos convenios de cooperación transfronteiriza que a Fundación mantén con distintas entidades da Eurorrexión.

Esta colaboración especial para o 2022 inclúe ademais a participación directa como expositor en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 9 e o 13 de novembro. Este Consello Regulador participará no Túnel do Viño, unha área na que se presenta aos visitantes a calidade e as variedades autóctonas galegas. Ademais, os viños de Monterrei maridarán os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia, dentro dos showcookings de Xantar, e organizarán unha cata comentada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coa firma do convenio, ambos os organismos tamén poderán desenvolver misións comerciais que teñan como obxectivo a promoción dos viños e a enogastronomía en xeral, tanto en territorio nacional como no estranxeiro.

Rogelio Martínez mostrou a súa satisfacción pola firma do convenio, que demostra como as entidades da provincia de Ourense confían no recinto feiral para dar a coñecer os seus produtos e servizos. Pola súa banda, Lara da Silva afirmou que “Expourense é un bo escaparate para potenciar a imaxe de marca da DO Monterrei e dar a coñecer os viños que se elaboran no territorio, tanto no mercado nacional como no internacional. Ademais este convenio permítenos estar presentes naqueles actos que a Fundación realiza fóra da provincia e que gardan relación co noso sector, por exemplo o enoturismo”, sinala Da Silva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada