Viña

Monterrei recibe a visita de 65 importadores de 20 países

O encontro enmarcouse nas actividades do salón Vinis Terrae, que se desenvolveu en Expourense

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/04/2017 10:41 a.m.

A denominación de orixe Monterrei recibiu a visita de 65 importadores e distribuidores de viño de 20 países, que se achegaron ó territorio da D.O. para coñecer as súas especificidades, así como os viños blancos e tintos que elabora.

A visita enmárcase dentro das actividades do salón Vinis Terrae, adicado ós viños e licores galegos, que se desenvolveu en Expourense. Os importadores foron recibidos polo presidente do Consello Regulador, José Antonio da Silva, que os acompañou ata o viñedo máis grande de Galicia, ubicado en Vilardevós, co obxectivo de que coñecesen o manexo que alí se practica. A continuación, visitouse a adega Alba Al-Bar, onde coñeceron o proceso de elaboración dos viños brancos e tintos. A xornada rematou cunha cea en Verín.

“Trátase dunha boa iniciativa que pemite que os importadores e distribuidores de diferentes zonas do mundo poidan coñecer os nosos viños”, destaca o presidente da denominación. Entre os profesionais que visitaron Monterrei, habíaos de Canadá, Estados Unidos, Mexico, Panamá, Colombia, Brasil, Bélxica ou Dinamarca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada