Viña

A DO Monterrei promociona en Lugo os seus viños con profesionais de hostalaría e restauración

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/04/2021 10:47 a.m.

A cidade de Lugo foi o destino da última actividade promocional realizada pola Denominación de Orixe Monterrei. No acto participaron máis de 60 profesionais da Canle Horeca da urbe.

A sesión promocional celebrouse na capela de Santa María de Lugo e nela participaron unha ampla representación do sector de distribución, hostalaría, catadores ou restauración, entre outros. O acto levouse a cabo en dúas sesións e mantendo todas as medidas hixiénico-sanitarias esixidas debido á pandemia.

Entre os asistentes atopábanse representantes de Vinoteca Kike, Hotel Méndez Núñez, El Santuario, Mesón da Rúa, O Camiño, Mesón O Castelo, Parrillada Caminito, Pulperia A Lareira, Vinoteca 101 Vinos, Taberna Daniel, Mesón Colón, Pulpería Mario, Cafetería Eduri, Distribuciones Dislugo, Distribuciones Lucus Cal, Estrella Galicia o Distribuciones Vinisi. Ademais, tamén asistiron profesores e alumnos de escolas de hostalaría ou os responsables das áreas de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os participantes nesta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as peculiaridades dos viños das 18 adegas que formaron parte desta acción promocional. En concreto, participaron a adega Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

"Retomar a promoción cara a cara é unha das nosas prioridades este ano, e as cifras de participantes nas nosas accións demostran que é o camiño correcto", destaca a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Monterrei, Lara Da Silva. "Seguiremos incentivando accións destas características, achegando o produto aos nosos prescriptores e permitindo, dentro das nosas posibilidades, que as nosas adegas amplíen as súas canles de comercialización, respectando sempre as medidas hixiénico-sanitarios", conclúe Da Silva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada