Viña

Monterrei presenta os seus viños en Bilbao

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/06/2019 12:43 p.m.

A Denominación de Orixe Monterrei protagonizará este luns 17 de xuño un túnel do viño que se desenvolverá en Bilbao, no que presentará tanto os brancos coma os tintos da denominación. O evento destínase a profesionais da restauración, distribución e hostelería, así coma a docentes e estudantes de escolas de hostelería. No acto, que se desenvolverá entre 17 e 21 horas no restaurante Yandiola, os asistentes recibirán información sobre a historia e tradición vitivinícola de Monterrei e sobre as variedades de uva e tipoloxías de viño.

As adegas participantes no túnel de Bilbao son as seguintes: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo Rivero (Fragas do Lecer), Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo, Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán y Triay Adegas de Oímbra.

Esta iniciativa enmárcase dentro do ciclo de accións promocionais para o 2019, que ata o de agora contou con presentacións en puntos coma Madrid, Ourense, A Coruña, Fisterra, San Sebastián ou Ciudad Real, entre outros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada