Viña

Monterrei organiza un curso gratuíto de cata de viños

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/04/2016 9:57 a.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei promove, durante as próximas semanas, a realización do curso formativo “Aproximación ao mundo da cata de viños”, destinado a transmitir aos/as asistentes nocións teóricas e prácticas referentes aos mecanismos de cata.

Neste curso gratuíto, destinado a un máximo de 18 persoas, presentaranse cuestións como iniciación á cata, técnicas de cata, servizo de viño, orixes da vide, variedades de uva, denominacións de orixe ou elaboracións de brancos, tintos e barricas, entre outras.

O devandito curso articúlase en catro sesións que terán lugar nas seguintes xornadas:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- 15 de abril: 1ª sesión (20 a 22.30 horas).
- 16 de abril: 2ª sesión (11 a 13.30 horas).
- 06 de maio: 3ª sesión (20 a 22.30 horas).
- 07 de maio: 4ª sesión (11 a 13.30 horas).

Será impartido polos profesionais Iria Otero (licenciada en Enoloxía pola Universidade da Rioxa - Tese Doutoral en Enoloxía na Misión Biolóxica de Galicia, CESIC) e Antonio Portela (diplomado en Ciencia da Eduación pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra e Master en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo).

Este curso, que se celebrará nas adegas Franco Basalo, S.L.U (sesión do mes de abril) e Crego e Monaguillo SL (sesión de maio) pretende formar como catadores e revalorizar o viño e a súa elaboración entre o público asistente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para poder asistir ao curso formativo “Aproximación ao mundo da cata de viños” será necesario inscribirse previamente na sede do CRDO Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 Baixo. Verín // Tlf. 988 590 007 // Correo electrónico: info@domonterrei.com). A inscrición realizarase por rigorosa orde de entrada.

No mes de setembro realizarase un novo curso formativo de cata de viños, tamén de carácter gratuíto, para todos/as os/as interesados en formarse nesta materia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada