Viña

Monterrei inicia en Madrid as accións de promoción do 2021

É a primeira acción deste ano con catadores e público especializado. A denominación de orixe prevé outras iniciativas en cidades galegas e do norte de España así como en Europa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/03/2021 10:51 a.m.

A Denominación de Orixe (DO) Monterrei acaba de arrincar en Madrid o seu ciclo de iniciativas promocionais previstas para este ano 2021. Nesta primeira acción organizaron dúas quendas, para cumprir coa medidas hixiénico-sanitarias e a normativa de redución de aforos por mor do Covid-19. Deste xeito, en cada un dos devanditos pases houbo 55 participantes, que coñeceron in situ a historia e tradición vitícola da zona, características edafoclimáticas, variedades de uva e tipoloxía de viños, ou a importancia dos lagares rupestres, entre outras cuestións.

Nesta experiencia, os participantes puideron catar viños elaborados por distintas adegas da Denominación de Orixe como Pazos del Rey, Ladairo, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) y Trasdovento.

É o cuarto ano consecutivo que a DO Monterrei organiza esta acción promocional no Casino de Madrid. Nesta ocasión, asistiron ao acto Gustavo García, catador do restaurante Quique da Costa; Gregorio Ras, empresario hoteleiro en Barcelona e asesor gastronómico e vinícola; José Luis Hernández, director de Pequeñas D.O ́s e do Concurso Nacional de Vinos de Pequeñas D.O ́s; Maricarmen Martínez, sumiller impulsora da Asociación de Sumilleres de Cádiz; Manuel Corralero, sumiller, asesor en enotecas e restaurantes de Madrid e xefe de sala do Hotel Plaza de A Coruña; Manuel González, chef executivo do Palacio de Negralejo y Posta Real; ou María Isabel Mijares, enóloga, escritora e divulgadora do mundo do viño, experta en Análise Sensorial, directora e xurado de numerosos concursos nacionais e internacionais. Ademais, tamén participaron na degustación socios do Casino, catadores, representantes do sector de restauración e de medios de comunicación especializados.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta iniciativa é a primeira das previstas para o 2021, que terá continuidade, se as condicións sanitarias o permiten, noutras cidades galegas e do norte de España, intercaladas con accións que levarán a cabo noutros países do resto de Europa. "Desde a DO Monterrei tiñamos moitas ganas de poder volver achegarnos aos nosos prescriptores, tal e como sempre o fixemos, levándolles de primeira man o noso produto", destaca a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada