Viña

Monterrei finaliza unha vendima “excelente” con 4,47 millóns de quilos de uva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/10/2016 6:54 p.m.

A tempada de vendima 2016 na Denominación de Orixe Monterrei finalizou cuns “resultados excelentes e tremendamente satisfactorios, tanto en termos cualitativos como cuantitavos”. Así o valora o presidente José Antonio Da Silva Pereira, que indica “que a uva ten unha calidade excelente, e a redución foi menor da esperada nun primeiro momento”.

Nesta campaña alcanzáronse os 4.470.338 quilogramos (70% variedades brancas e 30% tintas), uns 260.000 menos que na campaña anterior. Esa lixeira redución débese para os efectos causados polo Mildeu no momento da floración, xa que durante marzo e abril foron meses de baixas temperaturas e abundantes precipitacións. Este fungo atacou a todas as variedades, pero en maior medida á Araúxa, Doa Branca, Treixadura e Godello.

Esta circunstancia atrasou o proceso de maduración da uva, e posterior inicio da campaña de vendima, que arrincou o pasado 17 de setembro e concluíu o 22 de outubro. Con todo, a aplicación de tratamentos funxicidas, por parte dos viticultores e adegueiros, permitiu conseguir unha uva nun estado fitosanitario óptimo, tanto en termos de acidez como grao alcohólico.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 25 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 571 hectáreas de territorio nas que traballan 447 viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada