Viña

A DO Monterrei colleita máis de 6,2 millóns de quilos de uva na campaña 2021

Dende o Consello Regulador recoñecen unha nova marca histórica: máis de medio millón de quilos que o ano pasado

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/10/2021 11:44 a.m.

Os viticultores da Denominación de Orixe Monterrei finalizaron a campaña de vendima 2021 e, de novo, bateron unha marca histórica. O conxunto de viticultores que conforman o Consello Regulador superou, no seu conxunto, os 6,2 millóns de quilogramos de uva colleitados.

A campaña de vendima 2021 concluíu cuns "excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao aumento paulatino que está a vivir a nosa base territorial", indicou a presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva en declaracións aos medios. "Volveuse a lograr un máximo histórico, superando en máis de medio millón de quilogramos a campaña 2020, até agora a máis exitosa", explican desde a DO Monterrei.

A campaña de vendima iniciouse o 6 de setembro, coa adega Pazo das Tapias e finalizou o 15 de outubro, sendo as adegas Quinta do Buble e Trasdovento as últimas en pechar o período de recolección de uva

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 4.229.604,1 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.001.453,4 quilogramos. A presidenta tamén quixo destacar as condicións meteorolóxicas deste ano: "Atopámonos ante unha vendima atípica climatolóxicamente falando, pero na que viticultores e adegueiros traballaron duro para que o froito entrase cun estado óptimo nas adegas, o que agardamos se traduza na calidade duns viños que sigan recibindo distincións e, o que é máis importante, o recoñecemento dos consumidores".

[box style=0]

Sobre a DO Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta DO ocupan un total de 656,7 hectáreas de territorio nas que traballan 365 viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada