Viña

Mildio: Recomendan empezar a vixiar as viñas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/04/2021 5:23 p.m.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda no seu boletín fitosanitario desta semana comezar a vixiar as viñas para detectar a posible presenza de mildio.

E é que se ben é certo que aínda non había desenvolvemento da vexetación das vides para ser receptiva á enfermidade e as temperaturas mínimas seguen a ser baixas, sen embargo, e malia estas condicións, os técnicos da estación informan de que “esta semana notificáronnos a detección dunha primeira mancha de aceite na zona de Castrelo (O Salnés) nunha viña que todos os anos está moi adiantada e cunhas condicións moi favorables á enfermidade (ver imaxe, cedida polo autor) pero de momento non temos máis informacións acerca doutros síntomas”.

De feito, precisan que “o modelo de Goidanich indica nestes momentos un período acumulado de desenvolvemento do mildio de 30-40% de media”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aínda así, e tendo en conta a previsión de precipitacións para esta fin de semana, dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, recomendan que “a partir de agora si hai que iniciar a vixilancia nas viñas” para detectar a posible presenza de mildio.

De momento non aconsellan realizar tratamentos

En todo caso, lembran que “segundo as exixencias da lexislación, os tratamentos deben facerse razoadamente e non por calendario como se fixo tradicionalmente”. “Incumprir as normas neste sentido pode traer consigo, entre outras consecuencias, problemas para a saúde humana ou a contaminación do medio ambiente, ademais de sancións administrativas”, advirten.

Ademais, lembran que “é imprescindible realizar as intervencións en tempo de vento en calma ou brisa lixeira, e estes días hai ventos do norte bastantes fortes, co que os produtos non quedarán na viña senón que serán
arrastrados a outras zonas”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, dende a Estación de Areeiro informan de que “non hai ningunha outra praga ou patóxeno que mereza mención, salvo quizais a presenza de caracois nalgunhas viñas que poden eliminar parte das follas e gromos, e ser mesmo un problema en predios con escaso crecemento”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada