Desenvolvemento rural

Mesa redonda sobre as axudas polos danos da fauna salvaxe

09/03/2020 5:12 p.m.

O Concello de Santiso organiza para este venres, 13 de marzo, unha charla aberta sobre as axudas en Galicia polos danos da fauna salvaxe (xabaril e lobo, principalmente) na actividade agrogandeira.

Será ás 22:00 horas no novo centro sociocultural de Visantoña. Intervirán nunha charla aberta ás preguntas do público:

-Belén do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia
-Xosé Luis Rivas (Mini), deputado do BNG no Parlamento Galego
-Santi Rodríguez Cid, membro do Sindicato Labrego Galego
-Antón Sánchez, deputado do grupo Común da Esquerda no Parlamento Galego
-Gonzalo Tremor, deputado do grupo do Partido Popular de Galicia no Parlamento Galego.

Etiquetado
Ir a la portada