Forestal

Mesa redonda esta tarde en Boiro sobre posibles aproveitamentos dos montes veciñais

13/05/2023 10:32 a.m.

A Feira Agroforestal que se celebra hoxe no concello coruñés de Boiro acollerá entre as 7:00 e as 8:15 horas da tarde deste sábado unha mesa redonda sobre posibles aproveitamentos forestais para as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

O evento terá lugar no Pazo de Goiáns e será moderado polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Participarán na mesa redonda:

-Emilio Saborido, presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña (Rianxo)
-Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo
-Lucía Saborido, presidenta da CMVMC do Araño (Rianxo)
-Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado (Baroña, Porto do Son)
-Adrián Capelo Cruz, equipo Fundación RIA e Laboratorio Ecosocial do Barbanza (moderador da mesa)

A través das súas intervencións e dun debate posterior cos asistentes, na mesa redonda abordaranse as oportunidades de introducir usos diversos nos montes que aporten maiores beneficios económicos, sociais e medioambientais ás comunidades e permitan xerar emprego, así como os retos que atopan as comunidades que desexan xestionar o seu territorio nesta dirección.

A entrada é libre ata completar aforo. Non é necesaria inscripción.

Etiquetado
Ir a la portada