Leite

Mercadona comprométese a non verder o leite por debaixo de 60 céntimos o litro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/08/2021 11:08 a.m.

A cadea de distribución valenciana Mercadona, líder no sector en España cunha cota de mercado do 24%, ven de anunciar que a partir do 3 de setembro non venderá nos seus supermercados o litro de leite por debaixo dos 60 céntimos, unha reclamación que lle viñan traslando os gandeiros para deixar de utilizar o leite como produto reclamo, o que redunda en menores prezo para os produtores.

Dende a organización Unións Agrarias valora positivamente este anuncio, logo de meses de negociación, e considera que “debería supoñer un arrastre para o resto do sector distribuidor no camiño que deixar atrás as políticas comerciais tóxicas de poñer a venda leite a prezos moi por debaixo dos custes de produción”.

“Nesta mesma liña -avanza UUAA- se está situando a grande cadea de supermercados galega, Gadis, que vén manifestar no marco das negociacións abertas con Unións Agrarias, que está disposta a revalorizar a produción láctea no seus lineais achegando os prezos de venda o público a renda real que precisa unha explotación gandeira para ser viable”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde Unións Agrarias defenden “unha participación mais activa de todas as administracións para lograr o total cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e unha formación xusta dos prezos”.

Por último, dende a organización agraria lembran que no último ano o prezo medio do litro de leite cobrado polos gandeiros galegos foi de 0,324 €, o máis baixo de España despois de Baleares. “Unha cifra -advirten- que xa situaba ás granxas da nosa Comunidade nun contexto de venda a perdas; que se agravou nos últimos meses co aumento dos custos de produción”. Ç

“E iso a pesar de que os gandeiros galegos producen leite de calidade superior; cunha porcentaxe de materia graxa por enriba da media estatal, un dato de especial relevancia debido á revalorización da manteiga rexistrada nos últimos meses; que sitúa a rendibilidade que as industrias obteñen do leite galego por enriba da media”, conclúen.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada