Noticias de empresa

Membros do instituto Masters of Wine visitan a DO Valdeorras

19/10/2016 11:56 p.m.

Representantes do instituto Masters of Wine, de ruta estes días por diferentes territorios vinícolas amparados de Galicia, visitaron este mércores as instalacións e dúas bodegas da D.O. Valdeorras. Esta organización, que aglutina a máis de 280 profesionais, representa a máxima excelencia na educación do viño e promove a profesionalidade do sector.

Na sede da D.O., os membros do colectivo foron recibido polo presidente do Consello Regulador, Francisco García, e puideron desfrutar dunha cata de varias mostras de brancos e tintos da zona. Ao longo da xornada, os Masters of Wine puideron coñecer tamén as instalacións das bodegas ValdeSil e Rafael Palacios.

O presidente da D.O. puxo en valor o traballo dos representantes desta entidade de cara a “favorecer a promoción das rexións vinícolas que visitan e a difusión dos seus produtos” e confía en que poidan “reportar detalladamente as singularidades dos viños da comarca para que sexan coñecidas por diferentes públicos obxectivo”.

Etiquetado
Ir a la portada