Leite

As mellores variedades de millo para esta campaña: resultados dos ensaios de Mabegondo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo vén de publicar a actualización para o ano 2024 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/03/2024 10:21 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar a actualización para o ano 2024 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, unha referencia que serve de axuda á hora de escoller as variedades que mellor se adaptan a cada zona con vistas á campaña de sementeira que comezará nas vindeiras semanas.

Trátase dunha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas na comunidade. Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.

Nos campos de cultivo utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Variedades cun ano de avaliación, con menor fiabilidade:

Variedades con dous ou máis anos de avaliación, maior fiabilidade:

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido aconsellan que:

Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2024 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada