Noticias de empresa

As mellores sementes para as túas pradeiras

O grupo Soaga ofrece unha ampla gama de solución de cultivos de inverno, raigrases, leguminosas e cereais

Campo Galego 26/09/2022 2:42 p.m.

Como complemento ao cultivo do millo, os cultivos de inverno completan a base da alimentación do gando vacún.
Unha adecuada selección da semente e un bo manexo do cultivo contribúe á redución dos custos de produción, tendo un peso tan importante coma o millo na explotación.

O catálogo inclúe distintas combinacións:

Na seguinte ligazón pódese descargar o catálogo completo de sementes pratenses de Soaga con indicación das doses de sementeira recomendadas. O departamento técnico da empresa, formado por enxeñeiros agrónomos, está a disposición dos agricultores e gandeiros para axudarlles a elixir a mestura que mellor se adapta ás súas necesidades, en función de factores como o tipo de chan ou a duración e destino final da pradeira.

Podes contactar co Grupo Soaga no teléfono 986 516 035 ou a través da páxina web www.gruposoaga.com.

[box style="0"]

A importancia da rotación millo-pradeira

[caption id="attachment_181498" align="aligncenter" width="660"] O cultivo de inverno con mesturas de raigrás, cereais e leguminosas achega proteína e reduce as necesidades de fertilización do cultivo de verán ao fixar nitróxeno ambiental[/caption]

As condicións edafolóxicas nas que traballamos son as idóneas para sacar un alto rendemento do cultivo de inverno. Outra das vantaxes de non deixar as terras baleiras é a redución da escorrentía, así como a fixación de nitróxeno ambiental por parte dos trevos, o que reduce as necesidades de fertilización do cultivo de verán.

A rotación de cultivos é precisamente un dos aspectos ambientais nos que a nova PAC fai fincapé, tanto a través dos ecoesquemas como da condicionalidade reforzada, polo que a partir de 2023 a sementeira de praderías trala colleita de millo será unha das prácticas esixidas ás explotacións agrícolas e gandeiras.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada