Carne

Mellora de prezos en vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/04/2021 6:57 p.m.

O Mercado de Amio saldouse esta semana cunha tendencia á suba de prezos en vacún maior, segundo se desprende dunha sondaxe aleatoria realizada polo Mercado entre os usuarios. Esta semana non se constituíu a Mesa de Prezos de Gando de Abasto por falta de asistencia de vogais que a integran, polo que os datos que se teñen dos prezos do gando proceden dunha sondaxe. Son os seguintes:

- En vacún maior, soben 20 céntimos as canais das clasificacións S e E, e 15 céntimos as da clasificación P (10 céntimos a subclase P2 e 20 céntimos a subclase P1).

- As canais de vacún mediano para carne baixan 5 céntimos por quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Na recría, baixan 5 euros os prezos dos machos descostrados de cruce, mentres soben 5 euros os frisóns.

Entre tanto, na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, houbo repetición de cotizacións en tódalas categorías e calidades de gando. A asistencia ó mercado desta semana foi de 1.549 reses de vacún menor (17 menos que a pasada semana), 153 de vacún mediano (24 máis) e 141 de vacún grande (29 menos).

Máis información
- Táboas de cotizacións en Amio (21-IV-2021)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada