Leite

“Aumentar a produción? Hai que atender ó beneficio do leite, non á facturación”

Cinco gandeiros abordan nunha mesa redonda organizada por Feiraco o novo escenario sen cotas e as posibilidades de aumento de produción

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 11/03/2015 11:16 a.m.

No marco dunha xornada técnica organizada por Feiraco en Santiago, cinco gandeiros de distintos puntos da península participaron nunha mesa redonda para aportar a súa visión sobre o novo escenario sen cotas que se abre o 1 de abril. Medrar en produción ou non, así como distintas cuestións sobre o manexo da explotación centraron as preguntas de moderador e asistentes. Dámos conta dalgúns dos temas abordados.

Interviñeron na mesa redonda os seguintes produtores:
- Javier Fraga, de Sat Niveiro (Val do Dubra), unha explotación con 216 vacas, 200 xovencas e que obtén 38 litros de media por animal en dúas muxiduras diarias. Dispón de 96 hectáreas de superficie. É socio de Feiraco.

- Miguel Ángel Elvira (Talavera, Toledo), cunha explotación de 104 vacas, 68 xovencas e 43,6 litros de produción media con 3 muxiduras diarias. Conta con 42 hectáreas de superficie.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Luis Aires, da granxa Vale dos Cerdeiros (Seda, Portugal), que conta con 247 vacas, 200 xovencas e 43,7 litros de produción media en 3 muxiduras. Dispón de 296 hectáreas en secano.

- Enrique Jiménez, de Sat Los Castillotes (Turégano, Segovia), unha explotación de 130 vacas, 129 xovencas e 40,7 litros de produción media en dúas muxiduras. Conta con 120 hectáreas.

- José Ramón Arronte, de Sat Arronte (Cantabria), con 335 vacas, 324 xovencas e 42 litros de produción media en 3 muxiduras. Conta con 120 hectáreas. Tanto el como os outros produtores traballan con carros de alimentación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Medrar ou non medrar co fin das cotas?

Javier Fraga: A curto prazo non. Temos unha base territorial limitada e dispersa, case unha finca por cada hectárea, e non hai moito xeito de seguir medrando. Se temos que buscar fincas fóra, non compensa. Iso si, tratamos de ter unha eficiencia moi alta e a máxima produtividade por vaca. Poderiamos medrar sen sacar a máxima rendabilidade por animal e iso non o queremos. Unha explotación non ten que atender á facturación, senón ó beneficio. Prefiro facturar 8 e que me queden 5 a facturar 10 e que me queden 8. Por ter máis, non gañas máis. Cada un ten que facer a súa valoración. Tamén hai que ter en conta que, co noso actual modelo, temos ingresos importantes da venda de animais.

Miguel Ángel Elvira: Imos medrar de xeito controlado porque vemos que é un xeito de baixar os custos fixos. Proxectamos medrar un 8-10 % anual sempre que se sexa competitivo no mercado.

Luis Aires: Actualmente temos unhas instalacións que se quedan pequenas e si temos previsto unha ampliación para solucionar un problema de mortandade dos xatos. Faremos unha nova nave para 80 vacas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Enrique Jiménez: Non ampliaremos. A calidade de vida é unha cuestión que temos moi en conta. Nós chegamos a pensar en ter 3 muxiduras diarias, pero iso esixía contratar outro empregado, estar máis pendente e facer máis horas na explotación, así que decidimos que non. Recoñecemos que algún litro de produción se nos vai aí. Doutro lado, á hora de valorar ampliacións, hai que ter en conta o problema de endebedamento importante que teñen moitas granxas.

José Ramón Arronte: Temos pensado medrar de xeito importante. O fin das cotas é unha oportunidade e estamos nun sector que necesita de investimentos de xeito constante.

Como afrontar os investimentos?

José Ramón Arronte: O capital propio das explotacións é escaso. Hai que buscar financiación a longo prazo.

Javier Fraga: A financiación a curto prazo non dá resultados porque quedas asfixiado, pero ás veces non hai quen financie a longo prazo.

Miguel Ángel Elvira: Os investimentos hai que facelos a longo prazo, pensando en amortizar a 15 anos, non a 2-3 anos. Se fago unha nave nova para 120 vacas, usarei capital propio e financiación a longo prazo, pero sempre pagándoa eu; non lle quero deixar a débeda ós fillos.

Importancia da asesoría e dos empregados externos

Luis Aires: O bo resultado da granxa depende de asesores e empregados. É un mérito de todos. No noso caso, temos traballadores portugueses e rumanos e a todos tratamos de ofrecerlles boas condicións e incentivos como a entrega cada ano de xatos cebados na explotación. En canto á asesoría, o gran cambio da nosa explotación produciuse no 2004, cando nos comezamos a asesorar en temas de nutrición e cambiamos todo o manexo que estabamos facendo. Comezamos a mirar que comían as vacas, canto e outros parámetros que lle imos comunicando ó noso nutricionista, que está a distancia, por se houbese que facer cambios.

José Ramón Arronte: O persoal é importante que estea contento. Fanse turnos, a xente libra e buscamos un persoal estable. O importante é que cumpra porque xa sabemos que as vacas son delicadas. Necesitan comer e ir á muxidura con puntualidade. Agora mesmo estamos manexando uns 1.400 litros por persoa –incluido o manexo das fincas- e queremos pasar a 1.800. Sobre os asesores, penso que hai demasiados que queren vender todo tipo de cousas. Cun asesor bo, no meu caso o veterinario, é suficiente.

Javier Fraga: Os empregados son o máis importante da explotación. Convives con eles no día a día. No noso caso, apostamos por pagarlles un salario cunha parte fixa e outra variable en función de resultados, explicando cando se dá a parte variable o porque e cando non se dá, tamén. Sobre a asesoría, é necesario que midamos todos os datos da explotación. Se non, non sabemos para onde imos.

Externalización da recría

Miguel Ángel Elvira: No noso caso mandamos as xovencas a un centro de recría. Fixemos números e vimos que para nós era rendible por problemas de espazo e manexo. De facela nós, teriamos que contar con máis xente, máis instalacións e teriamos máis problemas de residuos.

Javier Fraga: A recría facémola nós porque temos forraxe para todos os animais e contamos cunhas instalacións para a recría que non nos servían para a produción de leite. Cada un ten que facer a súa análise.

José Ramón Arronte: O máis barato é facer a recría na explotación se hai como e onde. Outra opción é xuntarse entre varios gandeiros para facela de xeito conxunto.

Integración cooperativa e investimentos na transformación do leite

José Ramón Arronte: O cooperativismo como base é o ideal, sempre e cando a cooperativa estea dirixida polos socios e cun bo xerente.

Luis Aires: Se é unha cooperativa para beneficiar os seus socios, ben. O exemplo de Portugal –en referencia a Lactogal- é moi negativo.

Miguel Ángel Elvira: Con boa base e xente que saiba, si. Hai que arrodearse do mellor. Se eu vise iso no proxecto, apuntaríame.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada